As ribeiras do rio Louro, entre as vilas do Porriño e Tui, constitúen unha das tres zonas húmidas interiores máis importantes de Galicia. En 1999 a Consellaría de Medio Ambiente incluiu 959 hectáreas desta área na Rede Natura 2000, espazo ecolóxico de ámbito europeo. Porén, nos últimos anos a superficie protexida reduciuse nun 25% en favor da industria e das vías de comunicación. Este documental é unha chamada de atención sobre un patrimonio natural a protexermos.
|
Ficha artística
Guionista:
/
Xián Nieto
Realización:
/
Javier Álvarez
/
Alfonso Vázquez
Ficha técnica
Institución pública
/
Concello do Porriño
Produtora
/
Asombra Producións
/
Píntega Consultora Ambiental
Subvención ou axuda pública
/
Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro
Tipo: Documental
Xénero: Natureza
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 36'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego