¿Como afecta a unha vila pequena a urbanización voraz do noso litoral? "Non só as persoas morren. Tamén morren as aldeas, as casas, os sentires, e en ocasións morren os sitios. A Costa da Morte é, hoxe por hoxe, máis morte que nunca. Morren os peixes, morren os barcos, e morre o entorno salvaxe mítico no que viviu a xente que tamén está a morrer". Así comeza o guión deste documental. É a primeira entrega do que se pretende un proxecto amplo denominado “A Costa Defunta”, que a través de experiencias audiovisuais, gráficas e escritas retratará os cambios producidos na Costa da Morte.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Olaia Sendón
Música:
/
Silvia Penide
/
Carlos Seijo
Ficha técnica
Produtora
/
Ollo Birollo (Cefvigo)
Titulo orixinal: A casa de Lola de Andrés
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 34'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 6.000 €
Porcentaxe subvencións: 75 %
Importe subvencións: 4.500 €
Capital Galego: 100 %