Catalina | Estado da produción: Sen rematar

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Catalina
Catalina procura o seu lugar no mundo da pintura. Esfórzase por dar a coñecer a súa obra, pero as negativas sucédense en canto a súa amiga Mercedes, pintora tamén, despunta no mundo da arte tras pactar coas tendencias imperantes e introducirse en certos círculos. Catalina non conta con máis axuda que a boa contade de Benito, amigo do seu avó, e que acabará por converterse nun lastre para a artista. Deprimida e sóa, só encontra consolo no seu avó. Na súa vida aparecerá entón Camilo, que a alonxará do seu mundo para descubrirlle a maxia dos paisaxes galegas e levar a súa obra cara un estilo arrebatado, até entón descoñecido para ela.

Ficha artística
Axudante de dirección: / Fernando Cortizo
Dirección: / Mario Iglesias
Dirección artística: / Susana Rei
Dirección de produción: / Alfonso Blanco
Dirección fotografía: / Xosé Manuel Neira
Guionista: / Mario Iglesias
Intérpretes: / Javier Albalá / Emma Álvarez León / Celso Bugallo / Anxo Carbajal / Natalia Mateo / Nancho Novo / Iria Pinheiro
Produción Executiva: / David Martínez
Xefatura de produción: / Daniel Froiz
Xefatura de son: / Fran Arcay

 

Ficha técnica
Produtora / Matriuska Producciones, S.L. / Voz Audiovisual S.A.U.
Sonorización, locución e dobraxe / Son do Tagalem SLU

Titulo orixinal: Catalina
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 120'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 1.100.000 €
Porcentaxe subvencións: 29,54 %
Importe subvencións: 325.000 €
Capital Galego: 100 %

vIDEOS | VER todos os videos de Catalina  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org