Nais |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Nais
Julia é pintora. Traballa e vive coa súa meniña nunha vila costeira de Galicia. Acabou de perder o seu marido e está agardando outro fillo. Un día, unha señora visítaa coa estraña e difícil encomenda de pintar un retrato do seu fillo morto, de quen non ten fotografía ningunha.

Palmarés: Gañou o V Festival Internacional de Cortometrajes Almería en corto - VIII Certamen Nacional de Vídeo (2006). Venceu no sétimo concurso de curtas do programa SGAE/Versión Española (TVE, 2006). Premio do público no festival de Málaga (2006). Premio do xurado na categoría de ficción na III edición do Festival de Cans (Porriño, 2006). Primeiro premio no IV Festival de Cine Solidario de Guadalajara (2006). Premio do Público no festival Redondela en Curto (2006). Premio ao novo talento de curtametraxe da FNAC (2006). Vencedor do XVIII Festival de Cine de L´Alfàs del Pi (Alacante 2006).

Ficha artística
Dirección: / Mario Iglesias
Produción: / Daniel Froiz / Mario Iglesias

 

Ficha técnica
Produtora / Matriuska Producciones, S.L.

Titulo orixinal: Madres
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 23'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán

vIDEOS | VER todos os videos de Nais  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org