A cidade da selva era o nome dun refuxio para os guerrilleiros antifranquistas ubicado no Barco de Valdeorras. Este documental recolle, a través dos testemuños dos protagonistas, a historia da guerrilla e dos fuxidos en Galicia. A película abrangue desde os tempos da República até a morte do último guerrilleiro, no ano 1954. Estreouse co gallo do ciclo "Non dés ao esquecemento. A nosa memoria 1936-1978" na Casa da Cultura de Fene. Emisión en Galicia Documental da TVG o sábado 1/11/08 ás 16h.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Pilar Faxil
/
Helena Villares
Guionista:
/
Pilar Faxil
/
Helena Villares
Música:
/
Anxo Graña
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Nemedón, S.L.
Titulo orixinal: A cidade da selva
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Duración: 70'
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Importe subvencións: 30.229 €
Capital Galego: 100 %