Carlos Varela Veiga (1945-1980), “salvo algún traballo do cineasta Carlos Velo, o único realizador galego de cinema militante” (Xosé Paz Rodríguez). Cineclubista de base no cineclube Valle-Inclán de Lugo desde 1971, logo cineasta, percorreu Galicia detrás da cámara de cinema para facer a crónica do movemento nacionalista, e deixou toda unha estela de traballo noutras artes. Elaborou o anteproxecto de estatutos para unha futura Federación de Cineclubes de Galiza en 1977 (que tomou forma definitiva en 1984), fundou e dirixiu en 1975 "Cinematográfica Galega" defendendo a “incorporación á cultura galega do fenómeno cinematográfico en todas as manifestacións”.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Ramiro Ledo
Guionista:
/
Ramiro Ledo
Montaxe:
/
Ramiro Ledo
Produción Executiva:
/
Margarita Ledo
Ficha técnica
Produtora
/
Nós Produtora Cinematográfica Galega, S.L.
Titulo orixinal: CCCV (Cine Clube Carlos Varela)
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Galego
Porcentaxe subvencións: 0 %
Capital Galego: 100 %