Historia de amor protagonizada por unha muller cega, directora musical de éxito, autosuficiente, independente. Cristian, un cantante do coro que ela dirixe, consigue chamar a súa atención até que, unha noite, acaban na cama. Á mañá seguinte, Cristian invadirá o seu espazo coma un convidado molesto, cambiándoo todo de sitio, forzándoa a vivir outra vida. Ela non poderá ser ela. Ficará cega por primeira vez. Palmarés: Curtametraxe rodada en Compostela, co gallo do II Festival Internacional de Curtametraxes-CurtoCircuíto 05, como gañadora do Proxecto Compostela Plató 2005. Premio Eixo Atlántico no festival de Cine de Ourense de 2005. Mellor curta nos premios Mestre Mateo do audiovisual galego (2006). Gañadora do premio público no VIII Concurso Iberoamericano de Cortometrajes Versión Española-SGAE, convocado polo programa de Televisión Española. Premio á Mellor Curtametraxe Dramática no festival HDFEST (2007). Segundo Premio á Mellor Curtametraxe no HDFEST feita en Nova York (2007). Leva gañado unha trintena de premios en diversos festivais, entre eles no Taormina Film Fest e no Short Film Festival de México. |
Ficha artística
Dirección:
/
Mireia Giró
Dirección fotografía:
/
Juan Hernández
Guionista:
/
Mireia Giró
Intérpretes:
/
Monti Castiñeiras
/
Isabel Naveira
Música:
/
Manuel Riveiro
Produción Executiva:
/
Julio Casal
Xefatura de produción:
/
Llerena Perozo
Ficha técnica
Posprodución
/
DDA
Produtora
/
Ficción Producciones, S.L.
/
Santiago de Compostela Film Commission
Sonorización, locución e dobraxe
/
DDA
Soporte técnico a rodaxes
/
Curtocircuíto
Titulo orixinal: Te quiero mal
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 27'
Orixe: Galicia
Ano: 2005
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 30.000 €