A paraxe naturalmente privilexiada de China Muerta fica a trinta quilómetros de Neuquén, na Patagonia Arxentina. Alí, á beira do río Limay, un grupo de mozos e mozas desenvolve unha experiencia de humanidade: Un sistema de produción baseado na confianza, a solidariedade e o esforzo compartido. Un intento semellante ao que hai un século realizaran os seus antergos, os inmigrantes europeos que colonizaron esta rexión. Esta nova xeración aborda a empresa sen apoio do estado nin de ningunha compañía, nun exercicio de redescubrimento da democracia. Palmarés: Primeiro premio Sol de Oro, no Festival Internacional de Cinema del Medi Ambient (Tarragona 2004). |
Ficha artística
Dirección:
/
Mario Tondato
Guionista:
/
Mario Tondato
Produción Executiva:
/
Susana Maceiras
/
Mónica Muñoz
Ficha técnica
Produtora
/
Adivina Producciones
Titulo orixinal: Trawnco. Reunidos junto al agua
Tipo: Documental
Xénero: Social
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 55'
Orixe: Galicia-Arxentina
Ano: 2003
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: ningún idioma
Dobrada: ningún idioma