Trawnco. Reunidos xunto á auga |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Trawnco. Reunidos xunto á auga
A paraxe naturalmente privilexiada de China Muerta fica a trinta quilómetros de Neuquén, na Patagonia Arxentina. Alí, á beira do río Limay, un grupo de mozos e mozas desenvolve unha experiencia de humanidade: Un sistema de produción baseado na confianza, a solidariedade e o esforzo compartido. Un intento semellante ao que hai un século realizaran os seus antergos, os inmigrantes europeos que colonizaron esta rexión. Esta nova xeración aborda a empresa sen apoio do estado nin de ningunha compañía, nun exercicio de redescubrimento da democracia.

Palmarés: Primeiro premio Sol de Oro, no Festival Internacional de Cinema del Medi Ambient (Tarragona 2004).

Ficha artística
Dirección: / Mario Tondato
Guionista: / Mario Tondato
Produción Executiva: / Susana Maceiras / Mónica Muñoz

 

Ficha técnica
Produtora / Adivina Producciones

Titulo orixinal: Trawnco. Reunidos junto al agua
Tipo: Documental
Xénero: Social
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 55'
Orixe: Galicia-Arxentina
Ano: 2003
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: ningún idioma
Dobrada: ningún idioma

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org