No s.XII Galicia era o centro de Europa e Tui -equidistante entre Braga e Santiago- o centro de Galicia. Alí e entón naceu Bieito Dubidoso, un neno que ademais é mago. Con el e cos seus poderes de prestidixitación viviremos incribles aventuras. Era unha época de reis protectores das artes, máis dados ao amor e á lírica que ás guerras, mais a chegada dos vikingos ao contorno onde Bieito vive depararalle sorpresas, entre elas unha rapariga chamada Destreza. Proxecto iniciado en 2003 tamén coñecido como Bieito Dubidoso e Dubidoso. Palmarés: Seleccionada para participar no 33 Festival Internacional de Novo Cine Latinoamericano na Habana (Cuba 1-11/12/2011). |
Ficha artística
Dirección:
/
Roque Cameselle
Guionista:
/
Roque Cameselle
Montaxe:
/
Fernando Pardo
Música:
/
Roque Baños
Produción:
/
Alberto Cameselle
Ficha técnica
Produtora
/
Deboura Cinema
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: O Mago Dubidoso
Tipo: Animación
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 80'
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Inglés
Dobrada: Castelán
Orzamento: 3.400.000 €
Porcentaxe subvencións: %