Desde Galicia para o mundo |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Desde Galicia para o mundo
Este veterán magazín leva case mil emisións con entrevistas, reportaxes, música e pequenos documentais retratando a paisaxe, gastronomía, festividades e historia de Galicia para os que están alonxados do país. Este programa comezou na súa versión en castelán en 1993 en TVE-2 e incorporaríase posteriormente á grella da TVG. En 1997 empezaría a emitirse para América e en febreiro de 1998 para Europa. Saiu polas canles internacionais de TVE (783 programas de 90´ a 25/10/08) e TVG (146 programas de 60´ e 90´ a 26/10/08) e en emisoras locais como Correo TV e Deza TV.

Palmarés: Botón de Ouro da Hermandade Galega de Caracas, 1993. Premio “Galeguidade” do Consello das Comunidades Galegas no Exterior, 1994. Premio Dorna, concedido pola Asociación de Empresarios do Barbanza, en Rianxo 1994. Premio Xouba de Rianxo, 1995. Orde da Vieira, da Real Orde da Vieira, 1995. Premio ó Medio Audiovisual do Padroado Comarcal de Turismo Terra de Trives, 1996. Premio ó Mellor Programa, concedido pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, 1997. Premio de Turismo Semana Verde de Silleda, 1997. Percebe de Ouro 1999, na XIII edición da Gran Noite de Galicia en Barcelona, 2000. Premio do audiovisual Chano Piñeiro por Mellor Producción de TV. 2001 Premio do audiovisual Chano Piñeiro á Mellor Presentadora Nieves Rodríguez, 2001. Premio “Gallegos del Mes” concedido polo Grupo Correo Gallego, 2008. Premio Agaxet y medalla Dagda concedido polo grupo HG&T e a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo.

Ficha artística
Dirección: / Gerardo Rodríguez
Dirección fotografía: / Sergio Franco
Guionista: / Carme Chao / Marga Ferreiro / Rocío González / Gloria Mascuñana / Natalia Palmou / Gerardo Rodríguez
Montaxe: / Miguel Balseiro / Carlos L. Ríos
Presentación ou locución: / Martina Canicoba / Carme Chao / Nieves Rodríguez / Paola Rodríguez
Produción: / Diego Casal / Mar Chao
Produción Executiva: / Antonio Varela / Moncho Varela
Realización: / Matías Losada / Sonia Otero

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Correo TV / Televisión de Galicia (TVG) / Televisión Española (TVE) / Televisión Española en Galicia / tvG2 / V Televisión
Produtora / Pórtico de Comunicaciones, S.L. / Televisión Española (TVE) / Televisión Española en Galicia

Titulo orixinal: Desde Galicia para el mundo
Tipo: Programa TV
Xénero: Etnográfico
Produción propia externa
Realizada a cor
Duración: 50'
Orixe: Galicia
Ano: 1993
Idioma V.O.: Castelán, galego
web propio

vIDEOS | VER todos os videos de Desde Galicia para o mundo  (1)

Documentos

  1. baixa aqui <cite>Desde Galicia para o Mundo</cite>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org