O 15 de novembro de 2002 remataba a espera agónica: Chegaban á Costa da Morte as primeiras manchas de cru procedentes do Prestige. Foi un fin de semana de temporal no que a marea negra asolagou o litoral. A seguir, mariñeiros e voluntarios botáronse a combatir o chapapote. Dous anos despois, o mesmo equipo de TVE que cubriu a catástrofe para os informativos volta a entrevistar os bateeiros e percebeiros. Este documental combina imaxes de arquivo coas entrevistas gravadas no verán de 2004. Palmarés: Proxectado en Cineuropa |
Ficha artística
Dirección:
/
Ovidio Fernández
/
Xandra Tedín Mouzo
Dirección fotografía:
/
Ovidio Fernández
Guionista:
/
Ovidio Fernández
/
Xandra Tedín Mouzo
Montaxe:
/
Xosé Antonio Cancela
Ficha técnica
Produtora
/
Televisión Española en Galicia
Titulo orixinal: As mans dun pobo
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Galego