Marta e Luís son felices como parella até que se cruzan casualmente cun home. Esa noite, as súas vidas cambian repentinamente despois de se faceren unhas fotos xuntos nunha cabina automática. Palmarés: Mención especial do xurado no III festival internacional de curtas de Campobasso (Italia). Seleccionada en máis de cincuenta festivais de cine, máis da metade deles internacionais. Entre outros, para a sección oficial dos festivais de Tesalónica (Grecia), Cerdanyola del Vallés, Cabra, Ponferrada e no IX Festival Internacional de Cine Independente de Ourense. Seleccionada para o programa Curtas 04 do Consorcio Audiovisual de Galicia. Exhibida en salas comerciais de Alemaña en 2007-08 no programa Exoticore, de curtas internacionais de xénero fantástico. |
Ficha artística
Dirección:
/
Rubén Coca
Dirección fotografía:
/
Santiago Racaj
Guionista:
/
Rubén Coca
Intérpretes:
/
José Lifante
/
Jaime Martín
/
Ruth Núñez
Montaxe:
/
Rubén Coca
/
Marco de Gregori
Produción:
/
Rubén Coca
Xefatura de produción:
/
Carlos Cazallas
Ficha técnica
Distribuidora
/
Consorcio Audiovisual de Galicia
Emisión ou proxección
/
Canal 9
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Rubén Coca P.C.
Titulo orixinal: Notamotof
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 9'
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 20.000 €