Un asunto pendente |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Un asunto pendente
Esteban, repartidor de carne nun mercado, consegue por fin quedar con Nuria, a florista, cando descobre que a máquina tragacartos do bar que frecuenta está estropeada e non para de soltar diñeiro. Esteban non sabe que facer: ou saír con Nuria ou quedarse co diñeiro.

Palmarés: Premio á mellor banda sonora no Festival de Cine de Medina del Campo en 2001. Premio ao mellor actor a Luís Tosar no Festival Internacional De cine de Elxe en 2001. Premio ao mellor actor a Luís Tosar no Festival Plataforma de Nuevos Realizadores. Premio á dirección artística no Festival de Cerdanyola en 2002. Emitido en Canal +, no programa Versión Española de La2 de TVE e en Canal Hollywood. Editado en DVD pola FNAC en “Los mejores cortos del cine español”.

Ficha artística
Dirección: / José Manuel Quiroga
Guionista: / José Manuel Quiroga
Intérpretes: / Cristina Espinosa / Luís Tosar / Roberto “Luna” Sánchez
Música: / Chencho Campos
Produción: / José Manuel Quiroga

 

Ficha técnica
Subvención ou axuda pública / ICAA (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte)

Titulo orixinal: Un asunto pendiente
Tipo: Curtametraxe
Realizada a cor
Duración: 20'
Orixe: Galicia
Ano: 2001
Idioma V.O.: Castelán

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org