A historia de Galicia está traxicamente marcada polos accidentes marítimos nas súas costas. Este documental é unha homenaxe ás xentes que traballan, viven e morren no mar. A través das testemuñas dos supervivintes, os familiares das víctimas e os profesionais do salvamento, cóntanse naufraxios coñecidos por todos, como os do Urquiola, o Mar Exeo e o Casón, pero tamén outros non menos dramáticos, como o Santa Isabel, o Marbel, o Dauka, o Baitín, La Isla, o Panchito, a Xana e tantos outros que conforman xa a mitoloxía do mar de Galicia. DVD dispoñible no CGAI.
|
Ficha artística
Cámara:
/
Suso Bello
/
Luís Longueira
/
Isaac Ruppen
Dirección:
/
Jorge Algora
Guionista:
/
Jorge Algora
/
Rita Romero
/
Rita Romero
/
Carolina Silva
Montaxe:
/
Rita Romero
Produción:
/
Susana Maceiras
/
Pilar Varela
Realización:
/
Rita Romero
Xefatura de son:
/
Alberto Beade
/
Carlos Mouriño
Ficha técnica
Distribuidora
/
Adivina Producciones
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Adivina Producciones
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 55'
Orixe: Galicia
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán
Dobrada: Castelán
Orzamento: 90.151 €