Uns incautos mozos voltan dun concerto de cando se lles avaría o coche. No medio do monte acólleos unha rústica familia que non tardará en desvelar as súas inclinacións gastronómicas... o canibalismo. Trátase dunha familia de gandeiros que, arruinada coa entrada en vigor das cuotas lácteas europeas e víctima dunha intoxicación de LSD, decide reorientar a economía familiar cambiando a carne porcina e vacuna pola humana. Filme de culto inspirado no gore e no cine de serie B, contou cun baixo orzamento pero cun amplo elenco de caras coñecidas do audiovisual galego. Un pequeno fito na historia das películas feitas en Galicia.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Toñito Blanco
/
Ricardo Llovo
Dirección artística:
/
Suso Montero
Guionista:
/
Toñito Blanco
Intérpretes:
/
Toñito Blanco
/
Juanillo Esteban
/
Julián Hernández
/
Manuel Manquiña
/
Belén Negreira
/
Mamen Rivera
/
César Strawberry
/
Silvia Superstar
/
Marcos Taboas
Produción:
/
Toñito Blanco
/
María José Sánchez
/
Carlos Soliño
Realización:
/
Ricardo Llovo
Ficha técnica
Produtora
/
Escola de Imaxe e Son da Coruña
Titulo orixinal: La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos
Tipo: Longametraxe
Xénero: Terror
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 1993
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 3 €