A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos
Uns incautos mozos voltan dun concerto de cando se lles avaría o coche. No medio do monte acólleos unha rústica familia que non tardará en desvelar as súas inclinacións gastronómicas... o canibalismo. Trátase dunha familia de gandeiros que, arruinada coa entrada en vigor das cuotas lácteas europeas e víctima dunha intoxicación de LSD, decide reorientar a economía familiar cambiando a carne porcina e vacuna pola humana. Filme de culto inspirado no gore e no cine de serie B, contou cun baixo orzamento pero cun amplo elenco de caras coñecidas do audiovisual galego. Un pequeno fito na historia das películas feitas en Galicia.

Ficha artística
Dirección: / Toñito Blanco / Ricardo Llovo
Dirección artística: / Suso Montero
Guionista: / Toñito Blanco
Intérpretes: / Toñito Blanco / Juanillo Esteban / Julián Hernández / Manuel Manquiña / Belén Negreira / Mamen Rivera / César Strawberry / Silvia Superstar / Marcos Taboas
Produción: / Toñito Blanco / María José Sánchez / Carlos Soliño
Realización: / Ricardo Llovo

 

Ficha técnica
Produtora / Escola de Imaxe e Son da Coruña

Titulo orixinal: La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos
Tipo: Longametraxe
Xénero: Terror
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 1993
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 3 €
web propio

Galería de imaxes | VER AS 2 fotos de A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org