Serie animada xurdida no Xabarín Club da TVG e dos seus creativos Miguelanxo Prado e Suso Iglesias. Protagonizada pola mascota do programa e inspirada no Camiño de Santiago, presenta en clave de humor unha crítica ás corporacións multinacionais e unha promoción da conservación do patrimonio. É unha das pioneiras producións galegas de animación convencional 2D. Componse de trece episodios de 30´ mais unha longametraxe de 80´ editada en DVD pola TVG en 2008. Publicouse a súa banda sonora nun CD titulado A cantar con Xabarín vol.5.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Ángel Izquierdo
/
Antonio Zurera
Dirección artística:
/
Miguelanxo Prado
Guionista:
/
Suso Iglesias
/
Andrés Mahía
/
Miguelanxo Prado
/
Santiago Romero
Intérpretes:
/
Tacho González
/
Manuel Manquiña
Música:
/
Manolo Romón
Produción:
/
Suso Iglesias
/
Miguelanxo Prado
Ficha técnica
Distribuidora
/
Biblos Clube de Lectores
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Milímetros, Dibujos animados S.A.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Presidencia (Xunta de Galicia)
/
Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Os vixilantes do camiño
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 470'
Orixe: Galicia
Ano: 1999
Idioma V.O.: Galego