Unha anciá ve pasar os días sen que lle cheguen noticias do seu fillo, emigrado hai moito tempo en América. Unha ollada lírica e crítica sobre os efectos da diáspora galega. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Gran premio do cine español e trofeo do Instituto de Cooperación Iberoamericano no XXVI Festival Internacional de Bilbao (1984). Premio da Crítica na Sección de Artes e Ciencias da Representación en Galicia (1985). Premio da Federación Internacional de Críticos en Oberhausen (1985). Premio da Federación Internacional de Cineclubes Cracovia (1985). Gran premio de curtametraxes en Figueira da Foz (1985). Segunda película máis votada polo público no festival de Sidney (1985). Gran premio do festival de Tetuán (1986). |
Ficha artística
Dirección:
/
Chano Piñeiro
Ficha técnica
Distribuidora
/
Baños Films
Emisión ou proxección
/
Festival de Cine Internacional de Ourense
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Titulo orixinal: Mamasunción
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 21'
Orixe: Galicia
Ano: 1984
Idioma V.O.: Galego