Gravación financiada pola "Unión de Hijos de Morgadanes" (Montevideo), cun capital aproximado de 2.500 pesetas. Durante todo o verán de 1928, Gil percorreu coa súa cámara os principais escenarios e as festas máis representativas do Val Miñor. Estreouse o 14 de marzo de 1929 no Teatro Ariel de Montevideo. Na década dos 1980 a cinta foi depositada por un asociado da Unión na Filmoteca Española. A película foi restaurada en 1999 polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.
|
Ficha artística
Cámara:
/
José Gil
Dirección:
/
José Gil
Ficha técnica
Distribuidora
/
Culturagalega.org (Consello da Cultura Galega)
Institución pública
/
Arquivo da Emigración (Consello da Cultura Galega)
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Galicia Cinegráfica
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Duración: 40'
Orixe: Galicia
Ano: 1928
Idioma V.O.: Muda
Subtitulada: Castelán