 
          
| Recolle a inmemorial tradición da "rapa das bestas". Ambientado en tres escenarios emblemáticos deste rito, a Capelada (Cedeira), Sabucedo (A Estrada) e Santo Tomé (O Valadouro), este documental conta a historia dunha das tradicións galegas máis antigas, o seu desenvolvemento e o seu futuro. Cunha gran forza visual, a obra céntrase tanto nas espectaculares pelexas dos garañóns como na tensión dramática dos aloitadores (os encargados de domeñar os cabalos) de Sabucedo. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Seleccionada para a sección oficial informativa do Festival de Málaga. | 
Ficha artística  
            
			
Cámara: 
/
 Diego Laranxeira Barreiro
/
 Xurxo Sánchez Gómez
/
 Micha  Zielke
Dirección: 
/
 Xosé Luis Ledo Andión
Dirección de produción: 
/
 Carmen Ciller Tenreiro
Guionista: 
/
 Xosé Luis Ledo Andión
Montaxe: 
/
 Jaime Alonso Montoro
Música: 
/
 Elías Quiroga Gómez
Xefatura de produción: 
/
 Carmen Ciller Tenreiro
Xefatura de son: 
/
 Elías Quiroga Gómez
Ficha técnica
			
			
  Emisión ou proxección
  /  
Televisión de Galicia (TVG)
  
  Préstamo
  /  
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
  
  Produtora
  /  
Nós Produtora Cinematográfica Galega, S.L.
  
  
			
					  Titulo orixinal: Bestas
		 		 		  Tipo: Documental
		 		 		  Xénero: Etnográfico
		 		 		 Produción propia
		 		 		 Realizada a cor
		 		 		  Duración: 57'
		 		 		  Orixe: Galicia
		 		 		  Ano: 2002
		 		 		  Idioma V.O.: Galego
		 		 		 		 		  Orzamento: 1.000.000 €
		 		 		 		  		  		  		  		  
