Bestas |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Bestas
Recolle a inmemorial tradición da "rapa das bestas". Ambientado en tres escenarios emblemáticos deste rito, a Capelada (Cedeira), Sabucedo (A Estrada) e Santo Tomé (O Valadouro), este documental conta a historia dunha das tradicións galegas máis antigas, o seu desenvolvemento e o seu futuro. Cunha gran forza visual, a obra céntrase tanto nas espectaculares pelexas dos garañóns como na tensión dramática dos aloitadores (os encargados de domeñar os cabalos) de Sabucedo. DVD dispoñible no CGAI.

Palmarés: Seleccionada para a sección oficial informativa do Festival de Málaga.

Ficha artística
Cámara: / Diego Laranxeira Barreiro / Xurxo Sánchez Gómez / Micha Zielke
Dirección: / Xosé Luis Ledo Andión
Dirección de produción: / Carmen Ciller Tenreiro
Guionista: / Xosé Luis Ledo Andión
Montaxe: / Jaime Alonso Montoro
Música: / Elías Quiroga Gómez
Xefatura de produción: / Carmen Ciller Tenreiro
Xefatura de son: / Elías Quiroga Gómez

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Nós Produtora Cinematográfica Galega, S.L.

Titulo orixinal: Bestas
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 57'
Orixe: Galicia
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 1.000.000 €

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org