Recolle a inmemorial tradición da "rapa das bestas". Ambientado en tres escenarios emblemáticos deste rito, a Capelada (Cedeira), Sabucedo (A Estrada) e Santo Tomé (O Valadouro), este documental conta a historia dunha das tradicións galegas máis antigas, o seu desenvolvemento e o seu futuro. Cunha gran forza visual, a obra céntrase tanto nas espectaculares pelexas dos garañóns como na tensión dramática dos aloitadores (os encargados de domeñar os cabalos) de Sabucedo. DVD dispoñible no CGAI. Palmarés: Seleccionada para a sección oficial informativa do Festival de Málaga. |
Ficha artística
Cámara:
/
Diego Laranxeira Barreiro
/
Xurxo Sánchez Gómez
/
Micha Zielke
Dirección:
/
Xosé Luis Ledo Andión
Dirección de produción:
/
Carmen Ciller Tenreiro
Guionista:
/
Xosé Luis Ledo Andión
Montaxe:
/
Jaime Alonso Montoro
Música:
/
Elías Quiroga Gómez
Xefatura de produción:
/
Carmen Ciller Tenreiro
Xefatura de son:
/
Elías Quiroga Gómez
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Nós Produtora Cinematográfica Galega, S.L.
Titulo orixinal: Bestas
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 57'
Orixe: Galicia
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 1.000.000 €