Cascallos |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Cascallos
Este documental xorde accidentalmente durante a estadía de Tomás Lijó e Carlos Meixide en Nova York con motivo da estrea de "O meu nome, o meu mundo" no Festival Internacional de Cine e Video Independente naquela cidade. Ambos xornalistas encontrábanse tomando diversos planos para unha montaxe narrativa tipo `imaxes da metrópole´ cando imprevisiblemente aconteceron os atentados contra as Torres Xemelgas o día 11 de setembro de 2001. En palabras dos seus autores, o documental pretende "amosar o retrato dos cascallos nunha sociedade na que pese á forza dun acontecemento, nada cambia, todo permanece inalterable, caótico...". Trailer realizado por Culturagalega.org

Ficha artística
Dirección: / Tomás Lijó / Carlos Meixide
Guionista: / Tomás Lijó / Carlos Meixide
Produción: / Tomás Lijó / Carlos Meixide

 

Ficha técnica

Titulo orixinal: Cascallos
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 20'
Orixe: Galicia
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org