A Brea era en 1939 unha das grandes minas mundiais de volframio. Aliados e alemáns disputábanse o mineral, estratéxico para o armamento da II Guerra Mundial, provocando unha febre mineira que ocupou miles de homes e mulleres. Estas tiñan vetado o labor nas galerias e na fábrica mais participaban no lavado e separación do mineral. Moitas estiveron en concesións independentes e nas redes de estraperlo. Había na mina tamén numerosos presos, represaliados do réxime franquista, e mesmo guerrilleiros operando na zona. O poboado mineiro do Fontao constuiríase despois, nos 1950. Este título fai parte do proxecto Memorias de vida en vivo da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, unha produción que se levou a cabo coa colaboración da Asociación Veciñal Minas da Brea.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Encarna Otero
Dirección fotografía:
/
Teresa Navarro
Realización:
/
Manuel Gago (2)
/
Beatriz Pérez Mosquera
Ficha técnica
Produtora
/
Consello da Cultura Galega
Titulo orixinal: A luz do negro. O volframio da Brea e o poboado do Fontao
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 34'
Orixe: Galicia
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego