 
          
| Novo episodio das peripecias do enfant sauvage Gaspar Hauser, acompañado do seu querido cabaliño de madeira. Suxeito imposible, Gaspar ten nesta ocasión a personalidade fragmentada en cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha sedutora doncela, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético. Un antiheroe de bata e zapatillas, fumador compulsivo, que representa a inadaptación do home decepcionado, o home que pensa, o home que é deste mundo sen selo.
Título baixo o selo Zeitun Films. Palmarés: Premiada no festival de Rotterdam. É un dos oito títulos seleccionados en Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova (Xunta de Galicia, nadal de 2014). | 
Ficha artística  
            
			
Dirección: 
/
 Alberto Gracia
Intérpretes: 
/
 Alberto Gracia
/
 Oliver Laxe
Ficha técnica
			
			
  
  
  
			
					  Titulo orixinal: O quinto evanxeo de Gaspar Hauser
		 		 		  Tipo: Longametraxe
		 		 		  Xénero: Comedia
		 		 		 		 		  Duración: 61'
		 		 		  Orixe: Galicia
		 		 		  Ano: 2013
		 		 		 		 		 		 		     
		 		 		  		  		  		  		  
