 
          
| O dramático topónimo provén dos numerosos naufraxios que levan acontecido nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Obsérvase esta terra e as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros... No traballo que realizan manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito. 
Título baixo o selo Zeitun Films. Palmarés: Premiada nos festivais de Locarno e de Sevilla. Galardón Mestre Mateo, entregado em 2014, ao mellor documental. É un dos oito títulos seleccionados en Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova (Xunta de Galicia, nadal de 2014). | 
Ficha artística  
            
			
Dirección: 
/
 Lois Patiño
Ficha técnica
			
			
  Emisión ou proxección
  /  
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
  
  
			
					  Titulo orixinal: Costa da Morte
		 		 		  Tipo: Documental
		 		 		  Xénero: Etnográfico
		 		 		 		 		  Duración: 83'
		 		 		  Orixe: Galicia
		 		 		  Ano: 2013
		 		 		 		 		 		 		     
		 		 		  		  		  		  		  
