Unha volta ao documental informativo tradicional que relata a historia recente de Colombia, a dun conflito civil entre os sucesivos gobernos e a guerrilla das FARC, dun xeito ben afastado de toda narración oficial. Material de arquivo de televisións (canles españolas, Youtube, FARC) e publicidade con carácter subversivo para un filme iconoclasta no discurso e na propia gravación das imaxes, captadas do aparato de televisión, un feísmo que invoca metaforicamente a manipulación da historia e da realidade.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Alberte Pagán
Guionista:
/
Alberte Pagán
Produción:
/
Alberte Pagán
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 53'
Orixe: España-Colombia
Ano: 2012