Repasa a memoria industrial mediante entrevistas e documentos. Participan na serie expertos na historia industrial galega como os catedráticos Xoán Carmona, da USC, e Luis Alonso, da UDC, xunto a investigadores, empresarios, e traballadores. A serie presenta imaxes –en ocasións inéditas- dos grandes arquivos galegos, como o Arquivo Pacheco, o Museo Massó, o Museo de Pontevedra e, sobre todo, coleccións particulares e fondos audiovisuais das grandes empresas galegas, algunhas aínda hoxe puxantes, outras desaparecidas. Trece episodios de media hora de duración cada un.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Xisela Franco
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Produtora
/
Productora Faro, S.A.
Titulo orixinal: As raíces da Galicia industrial
Tipo: Docuserie
Xénero: Histórico
Duración: 390'
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: Galego