Obra producida e emitida co gallo do centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. Este traballo inclúe conversas cos seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e paisano, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín e cos escritores Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. Os poemas chegan pola voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap de Ferriman, Nuno e Fred. Palmarés: En 2013 gañou o premio Mestre Mateo ao mellor documental. |
Ficha artística
Dirección:
/
Aser Álvarez
Intérpretes:
/
Luís Tosar
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Institución pública
/
Concello de Celanova
/
Concello de Pontevedra
/
Xunta de Galicia
Produtora
/
Asociacion Cultural Arraianos
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: 100% CEF
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 60'
Orixe: Galicia
Ano: 2012
Idioma V.O.: Galego