En Galicia hai máis de 1.400 aldeas totalmente abandonadas, e máis de 5.600 tan só contan con cinco ou menos habitantes. Porén hai un momento do ano cando todos eses lugares se enchen de vida e semellan recuar no tempo: Co gallo das festas patronais, as festas do pobo. Este traballo achégase á Galicia rural actual a través desas celebracións populares e conta a historia dunha familia galega moi común, aldeá e emigrante, desde unha perspectiva íntima. Palmarés: Mellor curtametraxe documental: One Cloud Festival (edición de outono) EEUU. Mellor curtametraxe universitaria: Prometheus Film Festival (Pennsylvania, EEUU). Premio meritorio: Best Shorts Competition (La Joya, California, EEUU). |
Ficha artística
Dirección:
/
Alba Prol
Ficha técnica
Titulo orixinal: Cando o sol quenta máis
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 30'
Orixe: Galicia-Inglaterra
Ano: 2011
Idioma V.O.: Inglés, galego, castelán
Subtitulada: Inglés, castelán
Dobrada: Ningún idioma
Orzamento: 500 €
Porcentaxe subvencións: 0 %