Fenómeno editorial con máis dunha década ás súas costas, despois de douscentos títulos publicados e case un millón de exemplares distribuídos, esta familia de monicreques creada por Pepe Carreiro salta dos libros á TV da man da canle autonómica galega. Por orde de idade de maior a menor son: Carlos, o irmán maior con 7 anos; Loli e Pili as xemelgas que gustan dos coches; Braulio é o tímido; Sonia só ten tres anos mais tén moito garbo; Tatá é un bebé de só 9 meses; e Chispa, o can da casa. No antroido de 2012 a TVG emitiu o debú con tres episodios de ambientación carnavaleira e media hora de duración. O 24/9/12 a mesma canle estreou unha serie de 26 episodios de oito minutos cada un.
|
Ficha artística
Dirección:
/
José Carlos Santos
Guionista:
/
Pepe Carreiro
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
tvG2
Produtora
/
Lúa Films, S.L.
/
Televisión de Galicia (TVG)
Subvención ou axuda pública
/
Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)
Titulo orixinal: Os Bolechas
Tipo: Serie
Xénero: Comedia
Produción propia externa
Realizada a cor
Duración: 298'
Orixe: Galicia
Ano: 2012
Idioma V.O.: Galego