Primeira peza da pentaloxía dedicada aos sentidos. Partindo de fotografias conta a vida dunha muller que coñece un home. Fanse mozos, casan, son felices, teñen fillos, todo lles sorrí ata o momento en que o home cambia, saca a relucir a súa verdadeira personalidade e trata de someter a muller. Lonxe de apoiarse no maltrato como tema principal, a peza fala das ilusións rotas, dos futuros incertos, da destrución dos plans, futuros comúns e soños, do fracaso. A ficha desta produción elaborouse a partir de información fornecida polo CGAI.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Xacio Baño
Dirección fotografía:
/
Lucia Pan
Guionista:
/
Xacio Baño
Intérpretes:
/
Miguel Cuba
/
María Zaragoza
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Titulo orixinal: Quentefrío
Tipo: Videocreación
Duración: 3'
Orixe: Galicia
Ano: 2009