Un grupo de mariñeiros galegos traballan nun transbordador entre a cidade danesa de Rømø e a illa alemá de Sylt. Un deles, Luís Lomba “O Haia”, natural da Guarda, merca unha videocámara para rexistrar a sua vida cotiá e a dos seus compañeiros durante unha chea de travesías. O director realizou a súa montaxe a partir dunhas dezaseis horas do vídeo-diario que entre 1993 e 1994 gravou o mariñeiro. Palmarés: Seleccionado na Competición Internacional do FIDMarsella. Título vencedor na sección oficial da oitava edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui. |
Ficha artística
Dirección:
/
Xurxo Chirro
Ficha técnica
Produtora
/
Filmika Galaika, S.L.
Titulo orixinal: Vikingland
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2011