Gravado nun verán en Berlín, a peza pretende falarnos da adaptación do ser humano a unha contorna descoñecida e de como a identidade se adapta a patróns que non son propios. O vídeo explora a identidade do inmigrante, na conciencia da diferenza e a inclusión ou exclusión dentro do grupo dominante. Palmarés: No XVI Festival de Cine Internacional de Ourense (2011) Félix Fernández recibiu o premio ao mellor filme na categoría Novos Media por este traballo. |
Ficha artística
Dirección:
/
Félix Fernández
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Festival de Cine Internacional de Ourense
Titulo orixinal: Ich Allein Auf Fremde Wegen
Tipo: Documental
Realizada a cor
Duración: 6'
Orixe: Galicia
Ano: 2011