Ich Allein Auf Fremde Wegen (Eu en camiños alleos) |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Ich Allein Auf Fremde Wegen (Eu en camiños alleos)
Gravado nun verán en Berlín, a peza pretende falarnos da adaptación do ser humano a unha contorna descoñecida e de como a identidade se adapta a patróns que non son propios. O vídeo explora a identidade do inmigrante, na conciencia da diferenza e a inclusión ou exclusión dentro do grupo dominante.

Palmarés: No XVI Festival de Cine Internacional de Ourense (2011) Félix Fernández recibiu o premio ao mellor filme na categoría Novos Media por este traballo.

Ficha artística
Dirección: / Félix Fernández

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Festival de Cine Internacional de Ourense

Titulo orixinal: Ich Allein Auf Fremde Wegen
Tipo: Documental
Realizada a cor
Duración: 6'
Orixe: Galicia
Ano: 2011

vIDEOS | VER todos os videos de Ich Allein Auf Fremde Wegen (Eu en camiños alleos)  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org