Cariña de anxo |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Cariña de anxo
Telenovela infantil protagonizada por Dulce María, unha nena alegre e bondadosa que queda ao cargo dunhas monxas logo de que o seu pai, deprimido pola morte da nai de Dulce María, a deixe no convento por un tempo. Logo de dous anos, Luciano, o pai, volve a por Dulce María acompañado de Nicole, a súa prometida, pero Dulce María pronto descobre que a súa futura madrastra só está interesada no diñeiro. Dulce María traza un plan para que Luciano deixe á prometida e case coa irmá Celia, a monxa máis amable do convento.

Ficha artística
:

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Carita de ángel
Tipo: Serie
Xénero: Comedia
Produción allea
Realizada a cor
Orixe: México
Ano: 2000
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org