Traveler |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Traveler
Will Traveler, Jay Burchell e Tyler Fog son tres amigos recén licenciados en Yale que diciden facer unha viaxe en coche por todos os E.U.A. Cando chegan a Nova York, Will propón un desafío aos seus amigos: patinar de noite polo museo Drexler. Jay e Tyler aceptan e, cando rematan, reciben unha estrana chamada de Will na que lles pide perdón. Sen que lles dea tempo a comprender, explota unha bomba que destroza o museo. Asustados, Jay e Tyler corren ao seu hotel, no que xa non hai ningunha pertenza ou foto Will. Ó acender a televisón, Tyler e Jay ven que as cámaras de seguridade do museo graváronos alí, e agora o FBI os busca coma sospeitosos. A súa única posibilidade é a de escapar e demostrar que foi Will o culpable da explosión.

Ficha artística
Produción Executiva: / David DiGilio

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Traveler
Tipo: Serie
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 42'
Orixe: Estados Unidos de América
Ano: 2007
Idioma V.O.: Inglés
Dobrada: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org