Telenovela na que Daniel Ferrer é un empresario que está casado cunha muller que non ama, pero da que se sinte responsable. Un día coñece a Clara, unha moza alegre e vital da que non pode evitar namorarse. Clara, que nun principio ve a Daniel coma un home frívolo e vanidoso, acaba tamén por se namorar ao descobrer a súa bondade. Non obstante, Helena, a muller de Daniel, non lles porá as cousas nada fáciles porque, aínda que non está namorada do seu marido, cúlpao da morte do seu irmán e do seu pai, e quere que a vida de Daniel sexa o máis miserable posible.
|
Ficha artística
Dirección:
/
David Hernández
Intérpretes:
/
Asunción Balaguer
/
Manuel San Martín
/
Ana Turpin
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Televisión Española (TVE)
Titulo orixinal: Géminis
Tipo: Serie
Xénero: Drama
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 44'
Orixe: España
Ano: 2002
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego