Serie de televisión baseada na obra homónima de Gonzalo Torrente Ballester. Ambientada en Pueblanueva del Conde, unha vila imaxinaria de Galicia nos tempos finais da Segunda República, o argumento mostra coma os albores da Guerra Civil van alterando a orde tradicional instalada, na que as antigas clases dominantes van perdendo as influencias en favor dos que representan o novo poder económico. Así, o regreso de Carlos Deza, último da estirpe dos Churracos -que mandaron na vila dende sempre- é visto polos habitantes de Pueblanueva coma a última oportunidade para arrebatarlle o poder a Cayetano Salgado, o dono dos asteleiros e arrogante novo amo da vila. A serie consta de trece episodios.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Rafael Moreno Alba
Intérpretes:
/
Rosalía Dans
/
Eusebio Poncela
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
Televisión Española (TVE)
Produtora
/
Televisión Española (TVE)
Titulo orixinal: Los gozos y las sombras
Tipo: Serie
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 60'
Orixe: España
Ano: 1982
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego