Adrian Monk é un antigo policía de San Francisco que sofre dun trastorno obsesivo-compulsivo dende que a súa muller falecera nun atentado con coche bomba mentres Monk estaba a mercar mediciñas para o seu irmán Ambrose. Dende ese momento, Monk reclúese na casa ata que, coa axuda da enfermeira Sharona Fleming, comeza a facer avances e comeza a traballar coma detective privado, aínda que necesitando axuda para tocar e relacionarse con todo. Non obstante segue a ser un bo policía, e o seu ex-xefe comeza a pedirlle axuda para resolver os casos máis difíciles cos que se atopa o departamento. A serie permaneceu en emisión oito tempadas nas que se emitiron 125 episodios. Palmarés: Premios Emmys no 2003 á Mellor interpretación coma Actor Pincipal de Comedia e ó Mellor Tema Musical; Premios Emmys no 2004 á Mellor Interpretación coma Actor Invitado de Comedia e ó Mellor Tema Musical: Premio Emmy 2005 á Mellor interpretación coma Actor Pincipal de Comedia; Premio Emmy 2006 á Mellor interpretación coma Actor Pincipal de Comedia; Globo de Ouro no 2003 ao Mellor Actor dunha serie de televisón musical ou de comedia. |
Ficha artística
Intérpretes:
/
Tony Shalhoub
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Monk
Tipo: Serie
Xénero: Comedia
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 42'
Orixe: Estados Unidos de América
Ano: 2002
Idioma V.O.: Inglés
Dobrada: Galego