Monk |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Monk
Adrian Monk é un antigo policía de San Francisco que sofre dun trastorno obsesivo-compulsivo dende que a súa muller falecera nun atentado con coche bomba mentres Monk estaba a mercar mediciñas para o seu irmán Ambrose. Dende ese momento, Monk reclúese na casa ata que, coa axuda da enfermeira Sharona Fleming, comeza a facer avances e comeza a traballar coma detective privado, aínda que necesitando axuda para tocar e relacionarse con todo. Non obstante segue a ser un bo policía, e o seu ex-xefe comeza a pedirlle axuda para resolver os casos máis difíciles cos que se atopa o departamento. A serie permaneceu en emisión oito tempadas nas que se emitiron 125 episodios.

Palmarés: Premios Emmys no 2003 á Mellor interpretación coma Actor Pincipal de Comedia e ó Mellor Tema Musical; Premios Emmys no 2004 á Mellor Interpretación coma Actor Invitado de Comedia e ó Mellor Tema Musical: Premio Emmy 2005 á Mellor interpretación coma Actor Pincipal de Comedia; Premio Emmy 2006 á Mellor interpretación coma Actor Pincipal de Comedia; Globo de Ouro no 2003 ao Mellor Actor dunha serie de televisón musical ou de comedia.

Ficha artística
Intérpretes: / Tony Shalhoub

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: Monk
Tipo: Serie
Xénero: Comedia
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 42'
Orixe: Estados Unidos de América
Ano: 2002
Idioma V.O.: Inglés
Dobrada: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org