Serie de debuxos animados na que Wally, Jeremy, Mario e Lentes van visitar o Museo Paleontolóxico para poder preparar un exame. Preto de alí atopan un ovo do que sae Denver, un bebé dinosaurio. Os amigos diciden agochalo e crialo con eles, ensinándolle a ir en monopatín e criándoo coma un amigo máis. Denver, a cambio, ensínalles mediante un ánaco máxico de casca de ovo, a época dos dinosaurios e as diferentes especies que existiron. Non obstante, os rapaces terán que ocultalo das mans de Fizzback, promotor de estrelas de rock, que quere utilizar a Denver para facerse rico. Foi emitda na TVG en 1999.
|
Ficha artística
:
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Denver, the last dinosaur
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Orixe: Estados Unidos de América
Ano: 1990
Idioma V.O.: Inglés
Dobrada: Galego