Serie estadounidense que narra as vidas dun grupo de adolescentes en Capeside, unha pequena vila marítima en Massachusetts. Os problemas familiares, amorosos e persoais, así coma o reflexo dos mesmos na sociedade son as tramas principais da serie, que abarca dende a época de instituto ata despois da época universitaria. A serie contou con 128 capítulos repartidos en seis tempadas.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Kevin Williamson
Intérpretes:
/
James Van Der Beek
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Dawson´s Creek
Tipo: Serie
Xénero: Drama
Produción allea
Realizada a cor
Duración: 45'
Orixe: Estados Unidos de América
Ano: 1998
Idioma V.O.: Inglés
Dobrada: Galego, castelán