O verdugo (Os outros feirantes) |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

O verdugo (Os outros feirantes)
Terceiro dos seis episodios das adaptacións de narracións de Cunqueiro. Un home vai ser axustizado; para facer o tránsito con coñecemento, chega á vila o verdugo, e para facilitar o seu digno enterramento está Agustín, que tira da carreta onde ven un ataúde verde, pois o mozo decidíu romper coa negra cor mortuoria. Atópanse, séntense afíns e xuntos pasan esa xornada. O verdugo, moi considerado socialmente en Valladolid, está contrariado polo pouco afecto que lle mostra a xente pero atopa en Agustín a un interlocutor ó que abraia coas súas andainas e coñecementos.

Ficha artística
Dirección: / Xosé Cermeño
Intérpretes: / Alfredo Landa / Anxo Mora
Realización: / Miguel Piñeiro

 

Ficha técnica
Produtora / Galaxia Comunicación / Televisión de Galicia (TVG)

Tipo: Curtametraxe
Xénero: Dramedia
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 30'
Orixe: Galicia
Ano: 1989
Idioma V.O.: Galego

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org