Terceiro dos seis episodios das adaptacións de narracións de Cunqueiro. Un home vai ser axustizado; para facer o tránsito con coñecemento, chega á vila o verdugo, e para facilitar o seu digno enterramento está Agustín, que tira da carreta onde ven un ataúde verde, pois o mozo decidíu romper coa negra cor mortuoria. Atópanse, séntense afíns e xuntos pasan esa xornada. O verdugo, moi considerado socialmente en Valladolid, está contrariado polo pouco afecto que lle mostra a xente pero atopa en Agustín a un interlocutor ó que abraia coas súas andainas e coñecementos.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Xosé Cermeño
Intérpretes:
/
Alfredo Landa
/
Anxo Mora
Realización:
/
Miguel Piñeiro
Ficha técnica
Produtora
/
Galaxia Comunicación
/
Televisión de Galicia (TVG)
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Dramedia
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 30'
Orixe: Galicia
Ano: 1989
Idioma V.O.: Galego