Punto de encontro para artistas de todas as disciplinas. En marzo de 2012 o programa alcanzou o seu programa número cen. Entre os entrevistados contáronse o artista lalinense Antón Lamazares, o arquitecto César Portela, o historiador Fernando López Alsina, as profesoras de Historia da Universidade de Santiago Ofelia Rey Castelao e Mar Llinares, os escritores Xosé Neira Vilas e Manuel Rivas; a pintora Menchu Lamas, a catedrática de Literatura da USC Dolores Vilavedra e a debuxante de banda deseñada Emma Ríos.
|
Ficha artística
Dirección:
/
Xosé Luís Muñoz
Presentación ou locución:
/
Pemón Bouzas
/
Mon Santiso
Ficha técnica
Emisión ou proxección
/
Televisión de Galicia (TVG)
/
tvG2
Produtora
/
Televisión de Galicia (TVG)
Titulo orixinal: Eirado
Tipo: Programa TV
Xénero: Cultural
Produción propia
Realizada a cor
Orixe: Galicia
Ano: 2009
Idioma V.O.: Galego