Setembro do 75 |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Setembro do 75
Flor, irmá de Xosé Humberto Baena, prosegue a loita que marcou a vida de seus pais durante os derradeiros anos da súa vida: reivindicar a inocencia e a memoria do seu irmán. Xosé Humberto era militante do FRAP, e morreu fusilado o 27 de setembro de 1975 após un Consello de Guerra Sumarísimo, nos finais do franquismo. Fora acusado do atentado que acabou coa vida do policía Lucio Rodríguez. No proceso non se presentaron probas materiais nin testemuño ningún. Xosé Humberto sempre mantivo diante da súa familia que era inocente. Produción comercializada en DVD.

Palmarés: Segundo premio na Sección Oficial Tiempo de Historia, na Semana Internacional de Cine de Valladolid (2009). Premio do público no Festival de Cine de Ourense.

Ficha artística
Dirección: / Adolfo Dufour
Guionista: / Adolfo Dufour

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Festival de Cine Internacional de Ourense / Televisión Española (TVE)
Produtora / Pantalla Partida

Titulo orixinal: Septiembre del 75
Tipo: Documental
Xénero: Social
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: España
Ano: 2009
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Galego, inglés, éuscaro
web propio

vIDEOS | VER todos os videos de Setembro do 75  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org