Un dos primeiros documentos de traballo das mulleres na industria conserveira. A través de intertítulos, vaise seguindo todo o proceso de fabricación dos envases de lata. Na secuencia final vemos ás ducias de obreiros que alí traballan abandonando a factoría á maneira da “saída dos obreiros da fábrica” dos irmáns Lumière. DVD dispoñible no CGAI.
|
Ficha artística
Dirección:
/
José Gil
Ficha técnica
Préstamo
/
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora
/
Galicia Cinegráfica
Tipo: Documental
Duración: 26'
Ano: 1928