O Miño, a pesca e a relación de Tomiño con Valença no lanzo da Cruz, romaría que se celebraba de vello nas terras baixomiñotas e que se conserva no Torrón (Sobrada, Tomiño). O ritual, na Páscoa, consiste en que o párroco bendí as redes dos barqueiros e a el dáselle unha lamprea. O elemento transfronteirizo vén do intercambio de persoas entre as beiras, porque en Portugal tamén celebran o lanzo e hai un momento en que os cregos de ambos lados se atopan no medio do río e se saúdan dun xeito especial. Estrea o 22/10/2011 en Vila Nova de Cerveira.
|
Ficha artística
Dirección:
/
André Martins
Produción:
/
Natalia Jorge
Ficha técnica
Titulo orixinal: Lanzo das imaxes
Tipo: Documental
Xénero: Social
Realizada a cor
Duración: 50'
Orixe: Galicia-Portugal
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego e portugués
Subtitulada: Inglés